| |
|
||||||||
| |
![]() |
||||||||
![]() |
|||||||||
|
|||||||||
De: Omix
Actividades de Ocio e Tempo Libre en plena Natureza
Días 11 e 18 de Agosto
Deste xeito ofrécese a xuventude a posibilidade de poder participar en actividades de animación, talleres, sendeirismo, xogos de auga e baño na praia fluvial do Verdugo, ademáis gozaredes da convivencia con outros rapaces/zas e aprenderedes a apreciar o incomparable marco natural do noso concello.
Datos Xerais
Monitores: 2 monitores
Capacidade: 25 rapaces
Idades: Xoves entre 8 e 14 anos
Datas: 11 e 18 de Agosto
Requisitos
Ter unha idade comprendida entre 8 e 14 anos
Cubrir a ficha de inscrición asinada polo pai/nai ou titor
Presentar fotocopia do D.N.I.
Inscrición
A solicitude farase na Omix do Concello da Lama ata o vindeiro 5 de Xullo. A admisión será por rigorosa orde de solicitude.
Lugar de encontro
Os rapaces/as deberán estar as 10:15h no pavillón de Deportes do Concello, a recollida será as 19:00h no mesmo lugar.
Equipo necesario
Mochila, gorra, crema protectora, calcetins, zapatillas de deporte, toalla, 2 bañadores, chanclas de auga. Terán que levar bocatas para xantar e merenda, ademáis da bebida.
Prazas Limitadas