01
02
03
05
06
previous arrow
next arrow

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO DESFILE DE ENTROIDO DA LAMA QUE TERÁ LUGAR O SÁBADO 21 DE FEBREIRO, A PARTIR DAS 17 HORAS

O Concello da Lama abre o prazo para inscribirse no desfile de Entroido 2026 que terá lugar o SÁBADO 21 DE FEBREIRO, a partir das 17 horas con saída desde as inmediacións do Colexio da Lama e chegada á Alameda, despois de percorrer as principais rúas do centro da vila. As inscricións deberán formalizarse na Biblioteca Municipal da Lama, teléfono…

A CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN PON EN MARCHA UNHA SERIE DE AXUDAS PARA O IMPULSO DA INNOVACIÓN E SUSTENTABILIDADE DO COMERCIO LOCAL E ARTESANAL

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia acaba de publicar unha orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C).…

A LAMA DESDE O CEO

O concello da Lama ofrece unha serie de paraxes naturais de beleza incomparable para ser observados a vóo de paxaro ou a pe do camiño. Rotas de sendeirismo, praias fluviais, vistas panorámicas, fervenzas, pozas e mil e un recunchos naturais fan desta terra un paraíso en si mesmo. A Lama é unha simbiose natural entre o verde da súa paisaxe, a forza dos seus ríos e regatos e un ceo extraordinario. Combinar un paseo a pé ou a cabalo e descubri-los sendeiros que o surcan permiten vivir sensacións inesquecibles para gardar como un tesouro na túa experiencia vital e sensorial.

ROMARIA XENDE

A Romaría do Santo Cristo de Xende é unhas das poucas manifestacións etnográficas e relixiosas que aínda quedan vivas na tradición da Galicia interior. O fervor relixioso e gran devoción que sinten os habitantes destas comarcas limítrofes entre a provincia de Pontevedra e Ourense fan deste evento un feito que hai que vivir e experimentar, cando menos, unha vez na vida.

O CONCELLO CONTRATA A REDACCIÓN DA MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO CAMIÑO DA FONTE GRAZAS A UNHA SUBVENCIÓN DE 3.964,73 EUROS DA DEPUTACIÓN

 Grazas a unha subvención concedida pola Deputación de Pontedra de 3.964,73 euros que provén da liña 4 do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2024, o Concello de A Lama levo a cabo a seguinte contratación: “MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO CAMIÑO DE A FONTE, A LAMA” tramitada mediante Contrato Menor e adxudicada por medio…

O CONCELLO DA LAMA INFORMA DO NOVO HORARIO DO PUNTO LIMPO INSTALADO NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RACELO PARA USO DA VECIÑANZA E NON DE PROFESIONAIS

O Concello da Lama informa á veciñanza de que xa está en vigor o novo horario de funcionamento do Punto Limpo municipal, situado no Polígono Industrial de Racelo, co obxectivo de mellorar o servizo e facilitar o acceso da cidadanía a unha correcta xestión dos residuos. A partir de agora, o Punto Limpo abrirá nas seguintes xornadas e horarios: Desde…

O ALCALDE E OS CONCELLEIROS DE CULTURA E DEPORTES E IGUALDADE PRESENTAN UN COMPLETO PROGRAMA DE NADAL CON ACTIVIDADES CULTURAIS, FAMILIARES E SOLIDARIAS

Como novidade este ano será a chegada motorizada dos Reis Magos escoltados por Os Lóstregos e unha Batucada Real que…

O PROGRAMA «CONCILIA NADAL» DO CONCELLO DA LAMA DISPÓN DE DÚAS PRAZAS LIBRES QUE PODEN SER SOLICITADAS ANTES DO 22 DE DECEMBRO, CANDO INICIA A ACTIVIDADE

O 22 de decembro dá comezo o programa Concilia Nadal do Concello da Lama, subvencionado pola Deputación de Pontevedra. O horario é de 8:30 a…

O CONCELLO DA LAMA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 16.380,09 EUROS COFINANCIADA POLA UE PARA O REFORZO DO DEPARTAMENTO ADMINISTRATIVO MUNICIPAL

O Concello da Lama recibiu unha subvención de 16.380,09 euros destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da…