01
02
03
05
06
previous arrow
next arrow

A xestión do Concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do Programa «Come Local» da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

O alcalde da Lama, David Carrera, valora moi positivamente o desenrolo do programa “Come Local” que permitiu incluir ao Colexio da Lama nesta iniciativa para que comedores escolares poidan dispoñer de varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) e cunha trazabilidade garantida. Así ao CEIP da Lama chegaron as Fabas de Lourenzá da IXP,…

O Concello reorganiza provisionalmente o tráfico no entorno da Alameda para facilitar a mobilidade, o acceso e manter as zonas de aparcadoiro

O Concello da Lama reorganiza provisionalmente o tráfico no entorno da Alameda motivado polas obras de humanización co fin de facilitar a mobilidade, o acceso e manter as zonas de aparcadoiro. Así deste xeito, facítase a circulación de vehículos, o acceso a zonas de equipamentos como o pavillón municipal, o tanatorio e cementerio así como a comunicación co barrio do…

A LAMA DESDE O CEO

O concello da Lama ofrece unha serie de paraxes naturais de beleza incomparable para ser observados a vóo de paxaro ou a pe do camiño. Rotas de sendeirismo, praias fluviais, vistas panorámicas, fervenzas, pozas e mil e un recunchos naturais fan desta terra un paraíso en si mesmo. A Lama é unha simbiose natural entre o verde da súa paisaxe, a forza dos seus ríos e regatos e un ceo extraordinario. Combinar un paseo a pé ou a cabalo e descubri-los sendeiros que o surcan permiten vivir sensacións inesquecibles para gardar como un tesouro na túa experiencia vital e sensorial.

ROMARIA XENDE

A Romaría do Santo Cristo de Xende é unhas das poucas manifestacións etnográficas e relixiosas que aínda quedan vivas na tradición da Galicia interior. O fervor relixioso e gran devoción que sinten os habitantes destas comarcas limítrofes entre a provincia de Pontevedra e Ourense fan deste evento un feito que hai que vivir e experimentar, cando menos, unha vez na vida.

A Deputación concede ao Concello unha subvención de 5.929 euros para a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade peonil no entorno da rúa Alameda

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 29 de decembro de 2023, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, correspondéndolle a ese concello a cantidade de 5.336,10 € con destino á realización e…

O Concello recibiu unha subvención de 11.700,99 euros da Deputación para a restauración e posta en valor do lavadoiro de Gabián

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 16 de xuño de 2023, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023 (acordo no 4.32753, CSV:H70ERSACTUH7QN31), con cargo á aplicación…

O Concello conmemora o 8-M en colaboración co colexio onde se porán en marcha varios obradoiros e o alumnado repartirá chaveiros alusivos a esta data

O Concello da Lama conmemorará este venres 8 de marzo o Día Internacional da Muller a través da programación coordinada…

O Concello reforzará os seus servizos e capacidade operativa coa contratación de 9 persoas dentro do Plan Máis Provincia da Deputación

Nos vindeiros días comezará o proceso selectivo para a contratación por parte do Concello da Lama dun total de 9 traballadores grazas á liña 3…

O programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano chega á Lama da man da empresa de formación Acción Laboral

O Programa de apoio a mulleres no ámbito rural e urbano cofinanciado pola Unión Eurpea, o Goberno de España e a Xunta de Galicia, a través…